Comezamos marzo!!
Saúdos atlánticos a todos os barcelonins! Saúdos barcelonins a tódolos galegos! Onte 2 de Marzo encetabamos mes cun programa completísimo, con 3 colaboracións (que incluían unha entrevista!), o apartado de novas e a música de DESCARGA AO VIVO.
Tivemos por teléfono a Alberte Montes, co seu
Qué Pasará! e a Alba Rubio co
Qué experimento! (falando de inventos e co clásico enigma). Porén, Roi Lamas, na súa
Xanela Aberta levounos até Vigo para falar con Iago Varela, responsábel local dos Comités e responsábel da organización das II Xeiras sobre lingua galega que terán lugar na UVigo cun sinfín de personalidades (de diferentes eidos) que falarán sobre o noso idioma.
Podes descargarte a entrevista no espazo web das Xeiras,
http://www.xeiras.info .
Tes ao teu dispor, tamén, o programa do día 23 de Febreiro (ademáis do do 2 de Marzo) no
espazo de descargas da tempada 2009-2010. Ata o martes!
DISPONÍBEIS PARA A SÚA DESCARGA
Barcelona Atlàntica 23/02/2010 (NOVO)
Barcelona Atlàntica 02/03/2010 (NOVO)
Read more...