A Zanfona

A Zanfona 08/03/2011

Por problemas técnicos foinos imposíbel unha emisión correcta da sección e non escoitamos un anaco da entrevista a Ugia Pedreira. Coma compensación vamos a agasallaros coa entrevista enteira coma xa tiñamos pensado e con uns videos de Ialma de actuacións en directo con temas do disco "Simbiose" que presentamos.

Entrevista Ugia Pedreira.


Videos Ialma de temas de "Simbiose":


(Single do disco - Tema "Na Iauga")


(Tema "Grixoa")

(Tema "Voltar")

(Tema "Cando Canto" non incluido no disco "Simbiose". Tema que compuxeron para representar a Bélxica en Eurovision 2008, chegando a final belga cantando en galego)


-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A Zanfona 01/03/2011

Escoitamos un anaco da entrevista a Xosé Ferreirós de Milladoiro e adiantamos o concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins do dia 02/03/2011 na Sala Ferrío do Centro Galego de Barcelona dentro do Festival Barnasants escoitando o tema "Depressa a vida passa".

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Entrevista a Pepe Ferreirós de Milladoiro o dia 17/02/2011


                                    

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Zanfona 15/02/2011

No programa falaremos de un grupo novo que está a cabalo de Chouteira e Marful, dende Ourense FOLK FOCUS, onde podedes escoitar os dous temas que escoitaches no programa.

Tamén temos a Marta Quintana co seu novo traballo discográfico chamado "Amable".


E anunciamos a nosa presencia no concerto do dia 17/02/2011 no Auditori de Barcelona dentro da programación do Festival Tradicionàrius de Milladoiro, o grupo pioneiro do Folque Galego.

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Zanfona 21/12/2010

Celtic Roots (Raíces celtas) é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.

Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John's Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan's School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo. Cada un deles exerceu como padriño musical dos escolares dos seus respectivos países, e para estes pequenos intérpretes escolleron tres temas do seu repertorio tradicional musical en galego, inglés e gaélico, ademais de un tema común, The Anthem, resultado da fusión da canción irlandesa The ballad of St. Anne's Reel e a galaico-portuguesa O Pirimpimpín.

Pero non debemos tampouco esquecer a todos os músicos que aportaron a súa sabedoría musical ao traballo: Angela Durkin (UK), Antón Seoane (GZ), Ed Boyd (UK), Emma Sweeney (UK), Graham Henderson (IR), Guillermo Fernández “Guille” (GZ), James Mahon (IR), Javier Feijóo “Chisco” (GZ), Luis E. Correa “O Caruncho” (GZ), Magoia Bodega (GZ), Pancho Álvarez (GZ), Rodrigo Romaní (GZ), Xaquín Xesteira (GZ).

PREZO 16,96 €

CONTIDOS do LIBRO
48 páxinas a todo cor
Letras das cancións
Breve historia de cada unha das cancións
Textos en 4 idiomas (galego, castelán, inglés e gaélico)

CONTIDOS do CD
10 cancións
CD-ROM Multimedia con (partituras (PDF), letras (PDF) e fotografías)

CONTIDOS do DVD
4 videoclips
4 videoclips con karaoke
1 video de cómo se fixo Audio 5.1


(Trailer de "Celtic Roots")
(Tema "The Anthem")

Quinto disco de Músicas de Salitre

Arrolos de Salitre está conformado por once cancións entre nanas tradicionais e outras de nova creación. Publícase en dúas edicións, unha sinxela co disco e unha máis especial composta por unha caixa reutilizable coa imaxe da portada, un babeiro e unha postal . Para Guillerme e Xabier “este disco inclúe algúns arrolos do cancioneiro tradicional descoñecido, xunto a outros de autor construídos tamén con ese substrato tradicional. Un disco para nenos e tamén para adultos” Arrolos de Salitre conta coa participación de nove artistas emerxentes galegos (Xoán Curiel, Carlos Álvarez, Diego Calviño, María Xosé Silvar, Davide Salvado, Fani Otero, Alba Gutiérrez, Uxía Cribeiro e Jara Ortiz) menos coñecidos pero de grandísima calidade.

O disco inclúe 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz un conto da escritora Lupe Gómez e os barcos de cáscara de noz (deseño) de Nébeda Piñeiro ou unha selección de coplas de tradición oral extraídas do Arquivo de Salitre. Xunto a estas oito voces, as guitarras de Guillerme Fernández e o acordeón e percusións de Xabier Díaz, en Arrolos de Salitre participarán outros artistas como Quim Farinha, Pedro Lamas e Suso Iglesias.

Discografía de Músicas de Salitre:

Músicas de Salitre (2005)
Espido (2005)
Coplas para Icía (2007)
Benzón (2009)
Arrolos de Salitre (2010)

Arrolos de salitre CD 16,95 €
Arrolos de salitre (Edición especial) CD 24,95 €


(Video presentación "Arrolos de Salitre")

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
As 12 Mulleres destacadas do Folque Galego ( 2o programa)

Isto é un homeaxe as mulleres galegas e as que se dedican a música en galego, en concreto ao Folque Galego, xa sexa dende Galiza ou dende a diáspora, todas sodes a esencia galega: xa que Galicia é feminidade, romanticismo, sensualidade, e sentimento, moito sentimento. Quixen destacar as mulleres máis recoñecidas do Folque Galego por a maioría dos seguidores do estilo, con algunha sorpresa engadida na lista.

Mercedes PeónMercedes Peón é o máis claro expoñente dun novo camiño musical do Folque Galego, xa que gaitas e percusións tradicionais se mesturan cos sons eléctricos máis actuais. A súa mordaz e moderna interpretación da tradición está baseada en anos de estudo e traballo de campo como Antropóloga Cultural. Ten acadado o premio a mellor disco da revista Folkworld (2000) polo disco Isué e foi Premio Nacional de Música en 2008.

Uxía Senlle – é unha das grandes figuras do Folque Galego. A súa carreira comeza oficialmente en 1985, cando gaña o primeiro premio do Festival de Bergantiños. No ano 1987 incorpórase como vocalista ao grupo Na Lúa e con eles grava dous discos, despois dedicase a creación de espectáculos plurais sobre a canción de mulleres ou o ámbito da lusofonía. Un bo exemplo é o festival Cantos na Maré un proxecto cultural pioneiro que a través da lingua e da música traza un mapa común entre os territorios lusófonos. Uxía produce, escribe e compón cancións para os primeiros traballos discográficos de Emilio Rúa, Cantareiras do Berbés, Malvela e a Señora Carmen.

Ugía Pedreira - Comezou sendo coñecida na música galega polos tres discos editados co seu anterior grupo de folk, Chouteira, creou no ano 2000 o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, no ano 2008, o CMTF de Lalín transformouse en aCentral Folque, no Centro Galego de Música Popular e instaláronse en Santiago de Compostela. En abril de 2005 estrea a música do trío Nordestinas, sobre cancións mariñeiras do Norte da Galiza con Guadi Galego e o famoso pianista de jazz Abe Rábade. E con Marful abriu a caixa de Pandora e o revival da música popular de autor.

Rosa Cedrón - coñecida por ser a voz durante nove anos de Luar Na Lubre. No ano 2005 deixa Luar na Lubre e a partir dese momento dedícase á súa carreira en solitario e publicou o seu primeiro disco en solitario Entre dous mares en 2007 afastándose do folque galego.

Cristina Pato - é unha recoñecida gaiteira, compositora e pianista galega. En 1998 converteuse na primeira muller gaiteira en publicar un disco en solitario. (Conservatorio Superior de Música del Liceu de Barcelona e Universidade Pompeu Fabra de Barcelona).

Susana Seivane - nada en Barcelona é unha gaiteira de recoñecido prestixio co estilo musical tradicional dos antigos gaiteiros, aprendido de mestres gaiteiros como Ricardo Portela e Moxenas, que xunto co seu propio avó, Xosé Manuel Seivane, influenciarían grandemente o seu modo de entender e interpretar a música tradicional galega. Ten acadados o IV Premio Xarmenta en 2008 pola súa defensa da lingua galega e 2 Premios Opinión.

Begoña Riobó - Participa dende moi nova en agrupacións dedicadas á música tradicional, debido a incompatibilidade de realizar conxuntamente os estudios universitarios e os musicais decide, a partir de entón, dedicarse ao violín de modo autodidacta prestando especial atención ás posibilidades deste instrumento dentro da música tradicional galega. Baixo esta pauta matriculouse no ano 2000 no Conservatorio de Musica Tradicional da Escola de Artes e Oficios na sinatura de Violín Tradicional impartida por Alfonso Franco. Foi membro fundador do grupo Irtio. Durante ó período 2000-2007 formou parte do grupo de músicos que acompañaba a Carlos Núñez nos seus espectáculos en directo. Forma parte da primeira orquestra folk de Galicia, Son De Seu, unha experiencia pioneira en Europa nacida dentro da E-Trad de Vigo. Dende o 2007 ven colaborando na banda do gaiteiro Anxo Lorenzo e nos directos do trío Lizgairo. Durante o período 2004-2008 segue ampliando coñecementos dentro do ámbito da música tradicional estudando arpa céltica e zanfona tendo como mestres a Rodrigo Romaní e Anxo Pintos. Dende o verán do 2009 ven formando parte da banda da gaiteira solista Susana Seivane, participando como violinista e zanfonista. Acaba de gravar un disco do seu proxecto chamado Riobó, un quinteto acústico de músicos galegos de ampla traxectoria formado no verán de 2008 co fin de disfrutar tocando música galega.

Sara Louraço Vidal – nada en Nazaré, incorporouse no ano 2005 ao grupo Luar na Lubre para suplir o posto de solista que deixou Rosa Cedrón. Afincada na Coruña, voz de fado para o folque galego.

Sonia Lebedynski - desenvólvese dende os seus comezos na música Folk. A cantante de apelido polaco y voz de seda leva dende os 16 anos en Fía na Roca chegou cando a formación era puramente instrumental e con ela chegou o cambio. Na actualidade prepara xa a súa andaina en solitario para o 2011.

Guadi Galego – A artista de Cedeira (ex membro de Berrogüetto) é a máis activa actualmente do folque galego. Gaiteira, vocalista, pianista e a mellor letrista de todo o folque galego. Guadi Galego decidiu apostar forte no seu debut en solitario cun proxecto moi ambicioso no que contou cunha chea de colaboradores para facer “Benzón” premiado como mellor disco folk do último ano por parte do xurado dos PREMIOS OPINIÓN. Formando parte de Berrogüetto acadou dous galardóns. Na primeira edición fixéronse co primeiro posto e na segunda oportunidade na que participaron foron segundos porque a primeira praza quedou en mans de Nordetinas, o proxecto no que as voces de Guadi e Ugía Pedreira están acompañadas polo piano jazzístico de Abe Rábade. Por se todo isto non abondará, o dúo Espido, que comparte con Guillerme Fernández, realizou o seu debut musical nunha das galas de entrega de premios e posteriormente editaron un disco que se viu recompensado coa segunda posición.

Verónica Codesal - nada en Bélxica, ista cantante, pandereteira e gaiteira galega é membro dos grupos Urban Trad, Ialma e Viva Niñas, profesora do grupo de danza tradicional de Bruxelas, Foliada. Participa nas actividades de Muziekpublique, un organismo dirixido pola súa compañeira en Ialma Marisol Palomo que ten por obxectivo promover as músicas do mundo en Bélxica. Con Urban Trad participou no Festival de Eurovisión, na súa edición de 2003 en Riga, Letonia, co tema “Sanomi” e se converteu na primeira galega en facelo, quedando na segunda praza por detrás de Turquía. É actualmente a voz da emigración galega, e un dos piares polos que está collendo forza o folque galego feito na diáspora.

Ana Palomo – No ano 2008 o dia 1 de outubro lendo unha entrada na web de sei o que nos figestes…nos últimos 525 anos, redescubrín unha rapaza de Bruxelas por entón con 16 anos que participaba no programa Star Academy 8 da televisión francesa, que acababa de chamar a atención do colectivo galego despois de cantar un canto de berce a capela coa súa impresionante voz nunha das galas diante dun xurado que tiña como membro coñecido por todos nós a Rafael Amargo. Eu vendo o vídeo da actuación dista rapaza de 18 anos recordoume que a vin anteriormente nalgún dos vídeos que teño de actuacións de grupos folque galegos e a atopei nunha actuación de 2006 do grupo de pandereteiras de Bruxelas chamado Alumea do que forma parte xunto con algúns familiars seus coma a súa irmá Noemí Palomo ex membro de Ialma e mestra de Pandeireta galega e baile tradicional no Centro Galego de Bruxelas do que forma parte esta rapaza. Ela é parte da nova fornada de músicos do folque galego e dende a diáspora. A pregunta é se vai ser unha nova Verónica Codesal.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A ZANFONA (1r programa)


Falamos hoxe dos dous últimos discos que saíron agora a finais de setembro os discos ABDC de A Banda das Crechas e Manual de Sedución de Marful. Sobre Manual de Sedución falaremos o próximo programa e sobre A Banda das Crechas vou a ler o escrito de Uxía Senlle que di o que significa A Banda das Crechas e a música galega.

[A Banda das Crechas é, en esencia, o que a música nunca debeu deixar de ser, unha ferramenta para o contacto humano, para a comunicación. A paixón é o motor deste colectivo aberto que mostra ao mundo a tradición galega no seu lado máis lúdico e participativo e onde se xuntaron tres xeracións de músicos que vibran coas nosas melodías.

A Xanela da Vía Sacra é a máis fermosa da Cidade Vella e a través dela respírase a liberdade e a alegría. Cando baixamos as escaleiras cara á Foliada temos que ir dispostos a empaparnos coa suor do próximo e a vivir unha catarse de cervexa e ritmos da terra. Quen o viviu sabe que é contaxioso e que non hai restricións. Fainos lembrar a vitalidade das tabernas irlandesas con música ao vivo, cos fieis do bar nun ritual no que pasamos dun Cantar de Arrieiro á Camposa para acabar nunha pista de baile sen máis aditamentos que a entrega de quen se achega para tocar e cantar. O momento máis emotivo da noite chega cando entoan Monte Viso, un fermoso canto a Compostela que recobra sentido neste ambiente de calor e fume. “Cantando afóganse as penas…”

Nunca tanto se ten feito para divulgar o folk como se fixo nesta vetusta casa e no seu contexto natural: a festa rachada, a foliada do século XXI, un serán para xente nova que chega de todo o mundo para coñecer de primeira man como se vive a música neste país, como se fai país coa música, como se amplían os sorrisos, as voces voan, a gaita rebelde e o cantar de Amigo inundan o ar, Pepa e Davide caldean o ambiente e animan á danza, os arcos dos violíns de Quim e Antón despentéanse, as frautas de Roi crepitan, o fol do acordeón transpira e retórcese nas mans sabias de Santi, a guitarra de Gon levita, o saxo de Pablo envenéase, a banjolina de Chus crávase na pedra, Carliños marca o tempo de muiñeira e o sinal de que a festa comenzou sae do bombo con pratos de Xan. E claro, quen se queira sumar ten sempre as portas abertas. De cando en vez asomou o cavaquiño brasileiros de Sérgio, a guitarra do mestre Chick e algunha gaita irlandesa ou de Flandes.

Nada voltará a ser igual para quen quixo vivilo algunha vez e a emoción desa noite quedará por fin rexistrada neste disco para lembranza de quen se achegue a esta Xanela da Vía Sacra. Longa vida a esta Banda que demostra que ainda hai vida e verdade na música galega.]Texto extraido do libreto do cd ABDC.

Enlaces de interese:
 (Video explicativo da Banda das Crechas 1)
 (Video explicativo da Banda das Crechas 2)

 (Videoclip do disco Manual de Sedución de Marful)

Read more...

About This Blog

Entradas máis populares

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP