Sábado, 3 de Maio de 2008

Barcelona Atlàntica NA REDE!

Aquí tendes os programas de ABRIL. * O programa do 8 de Abril de 2008 non está disponíbel por un erro técnico na grabación do mesmo, pero sí se emitiu.

Quinta-feira, 3 de Abril de 2008

Barcelona Atlántica . 1º de Avril

No programa desta semana, as ondas atlánticas achegaronnos novas da Galiza, con frescura de seito, e abundáncia da seitura. Comezamos falando dos encoros galegos que coas chuvias das últimas semanas encheronse até unha média de 60% . Aproveitou Fenosa tamén, coa boa nova para achegar posturas con Touriño co gallo de asegurarse a maioría das adxudicacións da nova poténcia eólica galega; non sen antes ofrecer unha inversión no país de 1.600 millóns de euros ate o 2011. Falamos ampliamente de Quintana, quen achegou posturas cos alcaldes da fegamp con respecto á intención de obrigar dentro de dous anos a gastar un 7% do Orzamento en materia social. Tamén de Quintana falamos sobre as valoracións das eleccións e a posible negociación pola división do grupo mixto no Congreso. Demos conta da retirada dun peso pesado da política no concello de Corcubión e por ende da Costa da Morte, o alcalde de dito concello, Rafael Mouzo Lago, e de se a sucesión como alcalde recae no seu partido ou no PP con quen pactaron. Enviamoslle os nosos millores desexos a Mouzo para que se recupere axiña. Falamos das subidas do goberno nas peaxes de autoestrada en Carballo-A Coruña e Vigo-Baiona, por debaixo do IPC pero moi lonxe da solicitada supresión. Na entrevista tivemos a o responsable das mocidades en Esquerda Nacionalista, quen comentou que o partido parece que se fracciona en dúas asambleas distintas. Falounos da necesiadade de consenso e de achegar posturas. E no LABORATORI XXI falamos de como os biodiésel perden a etiqueta de combustible ecológico pola UE, logo de que necesite máis degradación do campo, a deforestación, máis maquinária, non reduzan CO2 e incrementen as desigualdades no mundo. Foi un programa moi intenso amenizado pola música de Espido, de cancions recuperadas dos nosos anciáns e coas voces de Silvio Falcón e Pablo Ínsua. Agardamos a vosa presencia para vindeiros programas, onde voltaremos a unir Barcelona coa Galiza, a través das ondas, e do atlántico noso rumor. Grazas a os/as que estades ahí, detrás do transistor, detrás do ordenador.....

Quarta-feira, 19 de Março de 2008

Dende a illada city de bristol, quixera hoxe compartir con todos/as vos (sen acentos, nen enhes) un recuncho de tempo xa que levo tres martes sen vos falar (botasevos de menos!!) e falarvos un pouquinho de como e Bristol. Bristol e unha cidade fria, moi fria para os habitantes de Barcelona, e asegun para os galegos/as, segun de onde sexa a procedencia. Moi chuviosa, para a xente da Galiza nada novo, pero se mesturas o frio, coa chuvia e co austero caracter ingles teras unha fidedigna imaxen da cidade. Os ingleses non son todos coma os "hooligans" dos partidos de futbol (pero beber, beben...) e e dificil entablar conversa con eles se non levas unha birra na man.
Dicir que nas guias turisticas (vin 3 nas tendas) adican o mesmo tempo espazo de follas a Andalucia que a Galiza, o que e digno de destacar, como temos avanzado en turismo con isto do Caminho de Santiago. En duas delas facian relacion a semellanza "extraordinary" entre Galiza e Irlanda, tanto na paisaxe como na poboacion...pois coido que si.
Non vin a moitos espanois, si a muitos italianos/as, e xente asiatica estudando ingles, dende logo que imaxino que a cidade mudara coa chegada do vran. Non agardarei a tal data, agardo estar nas ondas con vos en breve, no seguinte martes, a poder ser. E agardo/sei que seguramente Silvio vos fixo as tardes-nuites dos martes muito mais amenas.
Muitos bicos e abrazos dende a terra dos ingleses, escuitamonos cedo!!!!!

Segunda-feira, 4 de Fevereiro de 2008

Barcelona Atlántica - 29 de Xaneiro

O 29 de Xaneiro poidemos vivir unha das mellores edicións donovo Barcelona Atlàntica. Tivemos dúas entrevistas por vía telefónica, como xa ben sendo casi habitual no programa. A primeira foi unha entrevista a Luís Lamas, presidente do Centro Galego de Barcelona e da FEGALCAT que nos contou cousas sobre o entroido no Centro Galego. Tamén tivemos a Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, militante da UMG e da UPG e membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego. Con ela falamos da campaña do transporte de Galiza Nova e doutros temas de candente actualidade no mundo político galego. Como sempre, Pablo e Silvio comentaron as novas da semana, e tamén llas comentaron aos entrevistados. Mañá esperámosvos no Barcelona Atlàntica!

Quarta-feira, 16 de Janeiro de 2008

Barcelona Atlàntica - 15 de Xaneiro de 2008

Despois de voltar ás ondas xa o 8 de Xaneiro de 2008, cun programa cargado de contidos no que corremos moito Pablo Ínsua e mais eu disfrutamos dun interesante programa cheo de entrevistas, onte día 15 de Xaneiro de 2008. Estivemos falando sobre ERGAC co presidente da entidade, Suso Mon e tamén do premio que o seu programa, o Galiza... algo máis, de Sants3Ràdio, recibiu recentemente por parte da secretaría xeral de Emigración, así como da reNOVA Galiza do Foro Cívico galego. Falamos tamén con Alberte Montes, director do Aturuxos Bóla Extra de ràdio Ciutat Vella. Non quedou tempo pra máis; despedimos tamén ao noso técnico Pol que rematou as prácticas e, supomos que algún día virá a facernos unha visita! Unha aperta e ata o martes vindeiro! PD: Estamos en proceso de poder colgar os programas pra que os poidades escoitar.

Quinta-feira, 6 de Dezembro de 2007

O novo BCN Atlántica

Nas últimas semanas temos vivido moitos cambios. Primeiro foi a marcha do noso amigo Pablo Aguiar, que durante tanto tempo comandou a nave do Barcelona Atlàntica. Silvio Falcón, colaborador regular dende un tempo a esta parte, facíase coa difícil misión de darlle un sentido ao barco do programa. E, o pasado martes día 4 de Decembro, incorporou a un novo membro ao equipo: Pablo Ínsua ao que os nosos oíntes xa poideron ter a ocasión de escoitar falar das novas da semana. Pois sí, despois de todos estes cambios aparentes, o Barcelona Atlàntica segue a súa liña de sempre. No programa deste Martes día 4, envoltos nun ambiente bastante melancólico escoitando as músicas de BSO de Mar Adentro, falouse da implatación do Plan Boloña nas universidades galegas, dos problemas dos mozos pra mercar unha vivenda, a reestructuración da Xunta Local en Ourense do PP pra poder recuperar, da man de Poly e de Baltar, a alcaldía na cidade das Burgas e, por último, a elección de Manuel Fraga (polos internautas de xornal.com) como o mellor presidente da historia de Galiza. De todo isto opinaron Pablo Ínsua e Silvio Falcón, aos que posteriormente se sumaron as apreciacións de Pablo Aguiar, via telefónica dende Vigo, pra comentar as reaccións na sociedade catalana despois do voto en contra por parte do BNG á reprobación no Congreso á ministra de Fomento pola crise ferroviaria en Catalunya. No Laboratori XXI comentamos a situación deplorábel dos encoros galegos (o de Cecebre, concretamente) e na parte de tecnoloxía falamos de blogs. "De pinchos" e Turismo en Galicia foron algúns dos comentados. Deica o próximo martes!

Quarta-feira, 31 de Outubro de 2007

Cambiamos a hora?

Unha proposta do BNG no parlamento de Galiza pon en dúbida a rentabilidade que lle supón aos galegos o recente cambio de hora. Segundo os nacionalistas, os galegos perden en calidade de vida adiando unha hora os reloxos e o aforro enerxético e só dun 0.4%, moi lonxe dos 6-8% que aforran no resto do Estado. Isto ven orixinado porque Galiza ten asignada unha hora que non lle corresponde polo fuso horario no que se sitúa. No Barcelona Atlántica pensamos en preguntar a xentes que viviron recentemente en Catalunya e agora viven en Galiza, é dicir, cambiaron de fuso horario. Xosé Manuel dende Compostela e Eva e Diego dende Vigo coincidiron en que unha hora máis no serán cambia en grande medida os hábitos da xente, teñen máis tempo para facer cousas polas tardes... Diego comentaba que en moitas casas galegas, sobretodo no rural, o recente cambio de hora está mal visto, xa podíamos quedar co horario que tiñamos!

Por outra banda falamos sobre o AVE, comentando a situación nefasta que se vive en Galiza, con só un 8% dos tramos rematados. Cometamos unha nova na que se afirma que a esperanza de vida aumentou ata os 81 anos en España e que Galiza está situada por riba da media.

No Laboratori XXI falamos do tema da enerxía eólica. Cometamos a crise que se vive en Galiza entre o BNG e o Ministerio de Fomento, que pretende instalar muíños de vento na costa galega. Os ecoloxistas amosan o seu apoio ao BNG.

Finalmente Silvio trouxo de novo interesantísimos blogs, como As túas balas ou O demo me leve. Tamén aconsellounos visitar o blog de noticias Galicia Confidencial, un espazo para a liberdade de prensa, feito por xornalistas anónimos.