Ata logo, ata sempre

>> sábado, 4 de fevereiro de 2012



Ata logo, ata sempre

O Barcelona Atlàntica vese obrigado a botar a persiana. Logo dos problemas de horario que tivemos meses atrás, o programa que facemos a xente de ERGaC ten que pechar polo complexo de asumir tanto esforzo en tempos tan difíciles. É complicado facer un programa con xente moza, de balde, e en horarios que, a priori, deberían ser laborais. 

Iso sí, tiven a honra de dirixir durante 5 tempadas este programa, logo de que o fixera Pablo Aguiar. E motivos moi semellantes aos seus son os que me levan a deixar a dirección do programa. Novos horizontes e novas metas, por suposto. Foron máis de 400 horas son as que compartín, en directo, con amigos coma Pablo Ínsua, Alba Rubio, Roi Lamas, Manoel Valcárcel, Pablo Casal, Denís Fernández, Santi Agra e tantos outros. Uns minutos valiosísimos que endexamais esquecerei e que me encantaría que fosen continuados por outras xentes. É por iso que esta despedida é tamén un ata logo. 

O martes 21 de Febreiro faremos o derradeiro programa do Barcelona Atlàntica. A nosa despedida, logo destes martes sen emitir. Serán dúas horas de programa, de 13 a 15h, no que agardamos mensaxes de despedida e de continuidade para o proxecto e no que agardamos oír voces que xa pasaron polo programa no pasado. 

Recordade: 
- Martes, 21 de Febreiro de 2012. 
- De 13 a 15 horas. 
- Derradeiro programa do Barcelona Atlàntica. 

Será un orgullo para min que alguén queira asumir o relevo no programa. Os interesados, que escriban a bcnatlantica@gmail.com. 


Un pracer compartir espazo nas ondas con todos e todas vós, 

Silvio Falcón

0 comentários:

Publicar um comentário

About This Blog

Entradas máis populares

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP