Semana santa e novos programas!

>> terça-feira, 30 de março de 2010


Novos programas do Barcelona Atlàntica na rede!!!

Xa están no BLOG (Arquivo de programas) os programas do 16/03/2010 e do 23/03/2010. 


Barcelona Atlàntica 16/03/2010  NOVO!!! DESCÁRGAO!
Barcelona Atlàntica 23/03/2010  NOVO!!! DESCÁRGAO 
 
Hoxe 30 de Marzo non haberá programa por causas alleas ao programa. Agardámosvos despois das festas!!

Read more...

Conexión GZ-Cuba

>> quarta-feira, 10 de março de 2010

Ola a todos, seareiros do Barcelona Atlàntica!!


Este martes tivemos a xa clásica sección de novas, nas que falamos de diferentes temas da actualidade social e política. Vimos como Baltar voltará a presentarse á presidencia da Deputación de Ourense ou cómo a Xunta (e a Consellería de Cultura) está á maltratar a nosa lingua.


No apartado da entrevista tivemos a Ugia Pedreira, unha das artistas galegas que tomou parte neste proxecto sociomusical chamado "Descarga ao Vivo". Poidemos escoitar en directo a que, segundo Ugia, era a súa canción preferida: "O indiano".






Xa temos tamén o programa disponíbel para descarga!!


Barcelona Atlàntica 09/03/2010   Descargade e escoitade o Barcelona Atlàntica!!!

Read more...

Comezamos marzo!!

>> quarta-feira, 3 de março de 2010

Comezamos marzo!!
Saúdos atlánticos a todos os barcelonins! Saúdos barcelonins a tódolos galegos! Onte 2 de Marzo encetabamos mes cun programa completísimo, con 3 colaboracións (que incluían unha entrevista!), o apartado de novas e a música de DESCARGA AO VIVO.

Tivemos por teléfono a Alberte Montes, co seu Qué Pasará! e a Alba Rubio co Qué experimento! (falando de inventos e co clásico enigma). Porén, Roi Lamas, na súa Xanela Aberta levounos até Vigo para falar con Iago Varela, responsábel local dos Comités e responsábel da organización das II Xeiras sobre lingua galega que terán lugar na UVigo cun sinfín de personalidades (de diferentes eidos) que falarán sobre o noso idioma.

Podes descargarte a entrevista no espazo web das Xeiras, http://www.xeiras.info .








Tes ao teu dispor, tamén, o programa do día 23 de Febreiro (ademáis do do 2 de Marzo) no espazo de descargas da tempada 2009-2010. Ata o martes!


DISPONÍBEIS PARA A SÚA DESCARGA


Barcelona Atlàntica  23/02/2010 (NOVO)

Barcelona Atlàntica 02/03/2010 (NOVO)

Read more...

About This Blog

Entradas máis populares

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP