Barcelona Atlàntica - 15 de Xaneiro de 2008

>> quarta-feira, 16 de janeiro de 2008

Despois de voltar ás ondas xa o 8 de Xaneiro de 2008, cun programa cargado de contidos no que corremos moito Pablo Ínsua e mais eu disfrutamos dun interesante programa cheo de entrevistas, onte día 15 de Xaneiro de 2008. Estivemos falando sobre ERGAC co presidente da entidade, Suso Mon e tamén do premio que o seu programa, o Galiza... algo máis, de Sants3Ràdio, recibiu recentemente por parte da secretaría xeral de Emigración, así como da reNOVA Galiza do Foro Cívico galego. Falamos tamén con Alberte Montes, director do Aturuxos Bóla Extra de ràdio Ciutat Vella. Non quedou tempo pra máis; despedimos tamén ao noso técnico Pol que rematou as prácticas e, supomos que algún día virá a facernos unha visita! Unha aperta e ata o martes vindeiro! PD: Estamos en proceso de poder colgar os programas pra que os poidades escoitar.

3 comentários:

Anónimo,  16 de janeiro de 2008 às 14:41  

Lembrar Silvio que os sábados en radiofusióm emítennos de 18 a 19 horas, nom é?

Anónimo,  16 de janeiro de 2008 às 23:34  

Moito sorte de novo e agardo polos programas para descargar na web pois non vos podo oir en directo.

Moita forza!!

Pablo

Silvio Falcón 17 de janeiro de 2008 às 10:19  

Os domingos é cando nos botan repetidos por Radio Trinitat Vella, de 18 a 19 h.

Unha aperta!

Enviar um comentário

About This Blog

Entradas máis populares

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP