Barcelona Atlántica . 1º de Avril

>> quinta-feira, 3 de abril de 2008

No programa desta semana, as ondas atlánticas achegaronnos novas da Galiza, con frescura de seito, e abundáncia da seitura. Comezamos falando dos encoros galegos que coas chuvias das últimas semanas encheronse até unha média de 60% . Aproveitou Fenosa tamén, coa boa nova para achegar posturas con Touriño co gallo de asegurarse a maioría das adxudicacións da nova poténcia eólica galega; non sen antes ofrecer unha inversión no país de 1.600 millóns de euros ate o 2011. Falamos ampliamente de Quintana, quen achegou posturas cos alcaldes da fegamp con respecto á intención de obrigar dentro de dous anos a gastar un 7% do Orzamento en materia social. Tamén de Quintana falamos sobre as valoracións das eleccións e a posible negociación pola división do grupo mixto no Congreso. Demos conta da retirada dun peso pesado da política no concello de Corcubión e por ende da Costa da Morte, o alcalde de dito concello, Rafael Mouzo Lago, e de se a sucesión como alcalde recae no seu partido ou no PP con quen pactaron. Enviamoslle os nosos millores desexos a Mouzo para que se recupere axiña. Falamos das subidas do goberno nas peaxes de autoestrada en Carballo-A Coruña e Vigo-Baiona, por debaixo do IPC pero moi lonxe da solicitada supresión. Na entrevista tivemos a o responsable das mocidades en Esquerda Nacionalista, quen comentou que o partido parece que se fracciona en dúas asambleas distintas. Falounos da necesiadade de consenso e de achegar posturas. E no LABORATORI XXI falamos de como os biodiésel perden a etiqueta de combustible ecológico pola UE, logo de que necesite máis degradación do campo, a deforestación, máis maquinária, non reduzan CO2 e incrementen as desigualdades no mundo. Foi un programa moi intenso amenizado pola música de Espido, de cancions recuperadas dos nosos anciáns e coas voces de Silvio Falcón e Pablo Ínsua. Agardamos a vosa presencia para vindeiros programas, onde voltaremos a unir Barcelona coa Galiza, a través das ondas, e do atlántico noso rumor. Grazas a os/as que estades ahí, detrás do transistor, detrás do ordenador.....

0 comentários:

Enviar um comentário

About This Blog

Entradas máis populares

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP