PREMIO PARA ERGaC

>> quarta-feira, 31 de dezembro de 2008

BARCELONA ATLÀNTICA GAÑA O SEGUNDO PREMIO DE RADIO DOS PREMIOS DA SECRETARÍA XERAL DE EMIGRACIÓN O programa de ERGaC "Barcelona Atlàntica" gañou o segundo premio da categoría de radio que convoca a Secretaría Xeral de Emigración de cara ás entidades do exterior. A nova poden consultala na web de Galiciaaberta, na resolución dos Premios na que tamén saiu premiada a revista do Foro Civico Galego, ReNova Galiza. A ligazón aquí . (http://galiciaaberta.xunta.es/portal/binary/com.epicentric.contentmanagement.servlet.ContentDeliveryServlet/pr08/Premios2008/Resolucion_PSXE.pdf ) O programa, dirixido por Silvio Falcón e coa colaboración de Pablo Ínsua, escoitase cada Martes de 20 a 21h en Radio Trinitat Vella no 91.6 da FM e por internet en http://www.rtv-fm.com Os programas do Barcelona Atlàntica poden consultarse no seu blog (http://bcnatlantica.blogspot.com). GRAZAS A TODOS OS QUE FACEDES POSÍBEL O BARCELONA ATLÀNTICA, OU OS QUE NALGÚN INTRE ESCOITASTES AS ONDAS QUE CONECTAN BARCELONA CON GALIZA. O equipo

Read more...

Barcelona Atlàntica: 28/10 e 11/11

>> quarta-feira, 12 de novembro de 2008

AQUÍ TENDES OS PROGRAMAS DOS MARTES DÍA 28 DE OUTUBRO E DO 11 DE NOVEMBRO (a data do imeem está incorrecta). Lamentamos non poder ofrecervos o programa do día 4-11-2008 por problemas técnicos (Especialmente desculpámonos co entrevistado David Nàcher por estes problemas). 

_______________________________________

OS PROGRAMAS NON ESTÁN DISPONÍBES.


Perdoen as molestias.

Read more...

Programas na rede!! 14 e 21 de Outubro!

>> quarta-feira, 22 de outubro de 2008

AQUÍ ESTÁN DISPONÍBEIS OS PROGRAMAS DO 14 E 21 DE OUTUBRO DE 2008!!

_________________________

OS PROGRAMAS NON ESTÁN DISPONÍBES.


Perdoen as molestias.

Read more...

PROGRAMAS: 23/09; 30/09 E 07/10

>> quinta-feira, 9 de outubro de 2008

OS PROGRAMAS DO 23 DE SETEMBRO, O 30 DE SETEMBRO E O 7 DE OUTUBRO XA NA REDE, PRA QUE OS ESCOITEDES!!
23 DE SETEMBRO


Que sexa do voso agrado! Á vosa disposición en bcnatlantica@gmail.com.


__________________________

OS PROGRAMAS NON ESTÁN DISPONÍBES. 


Perdoen as molestias.  

Read more...

NOVOS PROGRAMAS!

>> quinta-feira, 18 de setembro de 2008


OS PROGRAMAS NON ESTÁN DISPONÍBES. 


Perdoen as molestias.

Read more...

TEMPADA 2008- 2009!

>> sexta-feira, 12 de setembro de 2008

Comezamos tempada e comezamos as entrevistas no Barcelona Atlàntica. O pasado martes, 9 de Setembro de 2008, entrevistamos a Pablo Xabier López Vidal, secretario do Parlamento de Galiza. Deixámosvos o contigo íntegro da entrevista! Pronto os programas íntegros! Barcelona Atlàntica 09/09/2008 - ERGAC

Read more...

PROGRAMA ESPECIAL 22/07 DÍA DA PATRIA

>> sábado, 26 de julho de 2008

BARCELONA ATLÀNTICA - Programa Especial Día da Patria 22-7-2008 - ERGAC

A MICRO PECHADO ESPECIAL Nº100

Read more...

Barcelona Atlàntica: Programa Especial Día da Patria

>> terça-feira, 22 de julho de 2008

Hoxe temos Programa Especial Día da Patria Galega no Barcelona Atlàntica: - Conectaremos en directo con Pablo Ínsua, colaborador habitual do BCN Atlàntica, dende Galiza. - Falaremos con Deibe Simo, tenente de alcalde do concello de Lobios e portavoz do BNG en dito municipio. - Entrevistaremos a Susana Fernández, promotora do blog www.sempregrou.blogspot.com Daremos conta do acto de presentación do A MICRO PECHADO Nº 100: Dia: Dissabte 26 de Juliol a les 18:45h Lloc: Sala de Conferències de les Cotxeres de Sants (C/Sants 79)

Read more...

Programas do 17/6 e do 1/07

>> terça-feira, 8 de julho de 2008

Aquí podedes escoitar o BCN Atlàntica!!! Barcelona Atlàntica 17/06/2008 - ERGAC Barcelona Atlàntica 1/07/2008 - ERGAC

Read more...

Barcelona Atlàntica - 10 de Xunho

>> domingo, 15 de junho de 2008

Aquí podedes escoitar online o programa do 10 de Xuño!!! ÍNTEGRO E EN EXCLUSIVA NO BLOG DO BARCELONA ATLÀNTICA!!! Barcelona Atlàntica 10-06-2008 -

Read more...

Arquivo de programas Tempada 2008-2009

>> sábado, 7 de junho de 2008

Programas disponíbeis para a descarga da tempada 2008-2009

Tempada 2008 - 2009

Read more...

Arquivo de programas Tempada 2007-2008

>> quinta-feira, 29 de maio de 2008

Programas para a descarga disponíbeis do Barcelona Atlàntica (2007-2008)

Tempada 2007 - 2008




Read more...

Arquivo de programas Tempada 2009-2010

>> sábado, 3 de maio de 2008

Programas disponíbeis para a súa descarga do Barcelona Atlàntica (Tempada 2009 - 2010)

TEMPADA COMPLETA!!!



Tempada 2009-2010
 _________________________________________________
NOTA: Para descargar con Firefox clicar co botón dereito e poñer "Gardar enlace como...". Para descargar con IE7 clicar co botón dereito e poñer "Gargar destino como..".  
_____________________________________________________

Read more...

Barcelona Atlántica . 1º de Avril

>> quinta-feira, 3 de abril de 2008

No programa desta semana, as ondas atlánticas achegaronnos novas da Galiza, con frescura de seito, e abundáncia da seitura. Comezamos falando dos encoros galegos que coas chuvias das últimas semanas encheronse até unha média de 60% . Aproveitou Fenosa tamén, coa boa nova para achegar posturas con Touriño co gallo de asegurarse a maioría das adxudicacións da nova poténcia eólica galega; non sen antes ofrecer unha inversión no país de 1.600 millóns de euros ate o 2011. Falamos ampliamente de Quintana, quen achegou posturas cos alcaldes da fegamp con respecto á intención de obrigar dentro de dous anos a gastar un 7% do Orzamento en materia social. Tamén de Quintana falamos sobre as valoracións das eleccións e a posible negociación pola división do grupo mixto no Congreso. Demos conta da retirada dun peso pesado da política no concello de Corcubión e por ende da Costa da Morte, o alcalde de dito concello, Rafael Mouzo Lago, e de se a sucesión como alcalde recae no seu partido ou no PP con quen pactaron. Enviamoslle os nosos millores desexos a Mouzo para que se recupere axiña. Falamos das subidas do goberno nas peaxes de autoestrada en Carballo-A Coruña e Vigo-Baiona, por debaixo do IPC pero moi lonxe da solicitada supresión. Na entrevista tivemos a o responsable das mocidades en Esquerda Nacionalista, quen comentou que o partido parece que se fracciona en dúas asambleas distintas. Falounos da necesiadade de consenso e de achegar posturas. E no LABORATORI XXI falamos de como os biodiésel perden a etiqueta de combustible ecológico pola UE, logo de que necesite máis degradación do campo, a deforestación, máis maquinária, non reduzan CO2 e incrementen as desigualdades no mundo. Foi un programa moi intenso amenizado pola música de Espido, de cancions recuperadas dos nosos anciáns e coas voces de Silvio Falcón e Pablo Ínsua. Agardamos a vosa presencia para vindeiros programas, onde voltaremos a unir Barcelona coa Galiza, a través das ondas, e do atlántico noso rumor. Grazas a os/as que estades ahí, detrás do transistor, detrás do ordenador.....

Read more...

>> quarta-feira, 19 de março de 2008

Dende a illada city de bristol, quixera hoxe compartir con todos/as vos (sen acentos, nen enhes) un recuncho de tempo xa que levo tres martes sen vos falar (botasevos de menos!!) e falarvos un pouquinho de como e Bristol. Bristol e unha cidade fria, moi fria para os habitantes de Barcelona, e asegun para os galegos/as, segun de onde sexa a procedencia. Moi chuviosa, para a xente da Galiza nada novo, pero se mesturas o frio, coa chuvia e co austero caracter ingles teras unha fidedigna imaxen da cidade. Os ingleses non son todos coma os "hooligans" dos partidos de futbol (pero beber, beben...) e e dificil entablar conversa con eles se non levas unha birra na man.
Dicir que nas guias turisticas (vin 3 nas tendas) adican o mesmo tempo espazo de follas a Andalucia que a Galiza, o que e digno de destacar, como temos avanzado en turismo con isto do Caminho de Santiago. En duas delas facian relacion a semellanza "extraordinary" entre Galiza e Irlanda, tanto na paisaxe como na poboacion...pois coido que si.
Non vin a moitos espanois, si a muitos italianos/as, e xente asiatica estudando ingles, dende logo que imaxino que a cidade mudara coa chegada do vran. Non agardarei a tal data, agardo estar nas ondas con vos en breve, no seguinte martes, a poder ser. E agardo/sei que seguramente Silvio vos fixo as tardes-nuites dos martes muito mais amenas.
Muitos bicos e abrazos dende a terra dos ingleses, escuitamonos cedo!!!!!

Read more...

Barcelona Atlántica - 29 de Xaneiro

>> segunda-feira, 4 de fevereiro de 2008

O 29 de Xaneiro poidemos vivir unha das mellores edicións donovo Barcelona Atlàntica. Tivemos dúas entrevistas por vía telefónica, como xa ben sendo casi habitual no programa. A primeira foi unha entrevista a Luís Lamas, presidente do Centro Galego de Barcelona e da FEGALCAT que nos contou cousas sobre o entroido no Centro Galego. Tamén tivemos a Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, militante da UMG e da UPG e membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego. Con ela falamos da campaña do transporte de Galiza Nova e doutros temas de candente actualidade no mundo político galego. Como sempre, Pablo e Silvio comentaron as novas da semana, e tamén llas comentaron aos entrevistados. Mañá esperámosvos no Barcelona Atlàntica!

Read more...

Barcelona Atlàntica - 15 de Xaneiro de 2008

>> quarta-feira, 16 de janeiro de 2008

Despois de voltar ás ondas xa o 8 de Xaneiro de 2008, cun programa cargado de contidos no que corremos moito Pablo Ínsua e mais eu disfrutamos dun interesante programa cheo de entrevistas, onte día 15 de Xaneiro de 2008. Estivemos falando sobre ERGAC co presidente da entidade, Suso Mon e tamén do premio que o seu programa, o Galiza... algo máis, de Sants3Ràdio, recibiu recentemente por parte da secretaría xeral de Emigración, así como da reNOVA Galiza do Foro Cívico galego. Falamos tamén con Alberte Montes, director do Aturuxos Bóla Extra de ràdio Ciutat Vella. Non quedou tempo pra máis; despedimos tamén ao noso técnico Pol que rematou as prácticas e, supomos que algún día virá a facernos unha visita! Unha aperta e ata o martes vindeiro! PD: Estamos en proceso de poder colgar os programas pra que os poidades escoitar.

Read more...

About This Blog

Entradas máis populares

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP